Apoiando aos labregos
Posted: under Varia.
Tags: leite, tractorada
Tractorada en Santiago de Compostela (explanada de Salgueiriños), saída de Arzúa ás 11.00.
Comentarios (0)
Xuñ 17 2009
Posted: under Varia.
Tags: leite, tractorada
Tractorada en Santiago de Compostela (explanada de Salgueiriños), saída de Arzúa ás 11.00.
Comentarios (0)
Xuñ 17 2009
Posted: under Eleccións.
Tags: eleccións europeas
Posted: under Campaña.
Tags: ana miranda, eleccións europeas
Anuncio electoral do BNG das Eleccións ao Parlamento Europeo from BNG on Vimeo.
Comentarios (0)
Mai 26 2009
Posted: under Touro.
Tags: alcalde, minicentrais, promesa, Ulla
O ALCALDE NON CUMPRE NIN OS ACORDOS QUE EL MESMO ASINA
Fai algo máis de tres anos o alcalde asinara con Fenosa, ás agachadas dos veciños, un vergonzoso acordo no que lle entregaba o río Ulla a esta empresa para facer dous encoros a cambio dunhas obras por valor de 180.000 €. e a posibilidade dun paso para vehículos por riba das presas.
A dia de hoxe, despois de que estes dous encoros estean rematados e leven máis dun ano en funcionamento, estas obras seguen sen facerse, non hai traza de que se fagan e o paso para vehículos está pechado con cancelas e cadeados; e aínda por riba o alcalde bótalle a culpa de que non se fagan aos veciños de Calvos! Hai que ter cara.
Primeiro véndeos asinando ese contrato sen dicirlles nada cando eles estaban loitando contra a empresa e a Xunta do PP para non facer os encoros e agora bótalle a culpa do seu propio incumprimento. Está claro que pouco se pode esperar dun alcalde que nin sequera é capaz de esixirlle a unha empresa que cumpra o que esta asinou.
Comentarios (0)
Abr 07 2009
Posted: under Touro.
Tags: agardando, ineficacia
SEGUIMOS ESPERANDO…
O BNG e todos os veciños/as seguimos agardando por algunhas das propostas que se lle fixeron máis dunha vez ao goberno municipal e que este reiteradamente as rexeita como fan sempre sen atender a súa importancia ou necesidade:
–>Seguimos agardando pola exención do pago do imposto de vehículos de tracción mecánica (imposto de rodadura) para todos aqueles vehículos considerados históricos ou que teñan máis de vinte e cinco anos de antigüidade.
–>Seguimos agardando polo condicionamento e renovación dos parques infantís do concello que ou están abandonados ou non cumpren as actuais medidas de seguridade que esixe a lexislación vixente.
–>Seguimos agardando pola construción ou adaptación dun local para usos múltiples no que se cumpran os servizos propia dunha Casa da Cultura, para que as asociación e colectivos do concello poidan desenvolver as súas actividades. Propoñemos en concreto financiala cos cartos que vai repartir o estado aos concellos para facer fronte a crise a través do chamado Fondo estatal de Investimento Local.
–>Seguimos agardando a que non se bote herbicida nos roleiros e cunetas, polo menos a beira das casas e onde hai cultivos para consumo humano.
–>Seguimos agardando polo acondicionamento do núcleo de Fonte Diaz… e poderiamos seguir enunciando carencias no concello até aburrirnos.
Comentarios (0)
Mar 20 2009
Posted: under Campaña.
Tags: 1-M, Eleccións, parlamento galego
Posted: under Campaña.
Tags: Feijoo, vaca
Feijoo: o candidato á presidencia da Xunta que non sabe que as vacas son femias e os touros machos.
Ese é o presidente que queres?
En Touro case se pode atrever a dicir un que hai máis vacas que persoas, unha persoa que non sabe tal cousa denota que non lle interesa nin o máis mínimo o agro galego. Ese é o presidente que queredes vós, gandeiros veciños de Touro?
Noticia sacada do xornal De luns a venres:
Comentarios (0)
Feb 26 2009
Posted: under Campaña.
Sábado 21 de febreiro, ás 18:30 horas
no Multiúsos Fontes do Sar.
Falarán Anxo Quintana,
Ana Pontón
e Socorro García Conde.
Sábado 21 de febreiro, ás 21 horas
no Casa da Cultura de Camporrapado.
Falarán Ignacio Iglesias,
e Saúl Santim.
Comentarios (0)
Feb 20 2009
Posted: under Campaña.
Tags: Medio Rural, Mitin, Touro, Uxfor

Este VENRES día 13 ás 21:30 horas estará no local social de LOXO Alberte Souto, secretario xeral de Medrio Rural.
Despois de anos e anos de políticas fraguistas chega unha forza política á Xunta de Galiza que realmente se interesa polos problemas dos concellos rurais. Co PP no goberno galego a morte dos concellos rurais galegos estaba sentenciada. Agora o panorama fíxose máis alentador. O BNG dende a Consellería do Medio Rural fixo, e seguirá facendo, unhas políticas nas que concellos coma Touro se ven altamente beneficiados. Proba disto son:
*Creación da UXFOR (Unidade de Xestion Forestal) en Loxo.
*Banco de Terras de Galiza (BANTEGAL).
*Apoio ao comercio tradicional rural (Casa Varela, en Quión)
*Investimento en infraestruturas de máis de 130.000 euros.
*Etc.
Non deixes de acudir e trae máis xente contigo. Seguro que será interesante.
TI, que vives no RURAL.
TI, GANDEIRO, AGRICULTOR, o que se fai en Medio Rural nótase.
O BNG pensa en TI, no teu FUTURO e no da túa FAMILIA.
Comentarios (1)
Feb 11 2009